Jeloü Comunicación Diseño Marketing Jelou

Compartir
Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas, e se temos que falar de letras galegas imos falar da tipografía galega por excelencia, a de Castelao. Nesta entrada imos a contarche a orixe desta recoñecible caligrafía que se convertiría nun emblema do galeguismo.

Todo comeza na Idade Media, gravado nas pedras dos nosos monumentos, onde os canteiros con letras visigóticas marcaban os edificios, sinalando a data de inicio da obra e o nome do seu autor, caligrafía que moitos anos despois rescatarían Castelao e outros intelectuais da época e convertiríana, de forma intencionada, nun símbolo representativo do colectivo galego.

Antes de afondar máis na súa letra imos contextualizar quen é Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Por se non o sabías, Castelao foi un dos intelectuais galegos máis importantes do seu tempo que non só se dedicou á literatura e as artes plásticas, senon que o seu espíritu patriótico fixo que se introducira tamén na política, polo que se converteu nunha figura clave do movemento cultural e político coñecido como Rexurdimento, que promovía a reivindicación da lingua e a cultura galega.

A tipografía foi creada para a Revista Nós, a primeira escrita en galego, impresa dende 1920 ata 1936 polo Grupo Nós. Esta revista publicouse co obxetivo de defender a nosa cultura, profundizando na nosa historia e na nosa lingua. Nas súas páxinas se replanteaban os problemas galegos dende perspetivas racionais e cosmopólitas, coa intención de incorporar a Galiza na modernidade. Castelao foi quen tomou as rendas da dirección artística, buscou un diseño que contribuíse a crear unha estética galega, utilizando na cabeceira a tipografía mencionada e outros elementos representativos da cultura popular. A raíz disto, empezou a ser empregada como símbolo de identidade do pobo, pasou a estar presente tanto en rótulos de tabernas como en produtos editorias políticos, sendo a maior manifestación de diseño gráfico de Galiza. Na actualidade, segue usándose en numerosas publicacións, carteis e proxectos culturais que buscan promover a lingua e a cultura galega.